mércores, 29 de abril de 2020

Problemas Matemáticas 1º Curso

Boa tarde
Aquí deixo dous enlaces onde, ao premer neles, podedes visualizar un par de vídeos explicativos que tentan aclarar dúbidas sobre os problemas da páxina 112. 
Un saúdo

Problema 1


Problema 2

xoves, 23 de abril de 2020

mércores, 1 de abril de 2020

Aviso importante


Este xoves 2 de abril, a partir das 14:00 horas, poderedes consultar a través da aplicación Abalar Móbil as cualificacións da segunda avaliación dos nenos e nenas. Aquelas familias que por motivos xustificados non poidan consultalas na aplicación, poderán solicitalas a través do correo electrónico: ceip.cerdeirinhas@edu.xunta.gal ou no teléfono: 886151760.

Tal é como establecen as instruccións remitidas pola Consellería de Educación só son avaliables as actividades realizadas de xeito presencial no centro ata o día 13 de marzo de 2020. Todas as actividades realizadas online non son avaliables, é dicir non contan para a nota. Aínda así, isto non lle resta importancia ao traballo que viñeron facendo ata o de agora, xa que é fundamental para non perder o fío do curso e repasar contidos xa vistos. 

Finalmente indicar que estamos á espera de novas instruccións da Consellería de Educación de como se poida desenvolver a 3ª avaliación á volta das vacacións de Semana Santa. Tan pronto teñamos novas comunicaranse a todas as familias.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo