mércores, 1 de abril de 2020

Aviso importante


Este xoves 2 de abril, a partir das 14:00 horas, poderedes consultar a través da aplicación Abalar Móbil as cualificacións da segunda avaliación dos nenos e nenas. Aquelas familias que por motivos xustificados non poidan consultalas na aplicación, poderán solicitalas a través do correo electrónico: ceip.cerdeirinhas@edu.xunta.gal ou no teléfono: 886151760.

Tal é como establecen as instruccións remitidas pola Consellería de Educación só son avaliables as actividades realizadas de xeito presencial no centro ata o día 13 de marzo de 2020. Todas as actividades realizadas online non son avaliables, é dicir non contan para a nota. Aínda así, isto non lle resta importancia ao traballo que viñeron facendo ata o de agora, xa que é fundamental para non perder o fío do curso e repasar contidos xa vistos. 

Finalmente indicar que estamos á espera de novas instruccións da Consellería de Educación de como se poida desenvolver a 3ª avaliación á volta das vacacións de Semana Santa. Tan pronto teñamos novas comunicaranse a todas as familias.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo


Ningún comentario:

Publicar un comentario