martes, 19 de maio de 2020

Ficha interactiva do Día das Letras Galegas - 1º e 2º Curso

Bo día.
Neste ano 2020 o escritor homenaxeado no día das Letras Galegas, como xa sabedes, é o ferrolá Ricardo Carvalho Calero. Aquí vos deixo agora unha ficha interactiva sobre o seu libro "As pitas baixo a choiva" que podedes facer a continuación. É moi importante que primeiro lle botedes unha ollada ao vídeo que vos vai aparecer ao comezar (se non o podedes ver en grande facedes doble click enriba del e védelo noutra ventá). Logo ides facendo as tarefas que veñen a continuación lendo ben os enunciados. Ao rematar premedes en "Terminar" logo escribides o voso nome, curso e o correo electrónico do profe para poder botarlle unha ollada ao que fixéstedes.
Un saúdo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario